venres, 19 de xaneiro de 2018

Actividades Biblioteca

As nosas bibliotecarias sempre inquedas na procura  de actividades que vos fagan disfrutar da lectura vos suxiren dúa propostas:
  • Un club de lectura de poesia: A mazá de Rilke
  • Un carnet de biblioteca por puntos
Sexas do curso que sexas...¡ anímate a participar!


http://trasancosbiblio.blogspot.com.es/




martes, 16 de xaneiro de 2018

Actividades Xaneiro

Actividades da semana do 22 ao 26 de xaneiro, se incorporou unha nova actividade relacionada co día da paz e a memoria histórica. 

LUNS 22 DE XANEIRO

ALUMNOS: 2º, 3º E 4º DE ESO
ACTIVIDADE: CONTACONTOS GALEGO-INGLÉS
HORARIO:
3 ESO- 11:20-12:10
2 ESO- 12:30-13:20
4 ESO- 13:20-14:00

LUGAR: SALÓN DE ACTOS OU BIBLIOTECA

MARTES 23 DE XANEIRO:

ALUMNOS DE 4º DE ESO
ACTIVIDADE: CHARLA SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA
HORARIO: 16,20-17,10

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

PROFESORES ACOMPAÑANTES: Os que teñades clase con eles ese día.

VENRES 26 DE XANEIRO:

ALUMNOS DE 4º DE ESO
ACTIVIDADE: ACTO NO CONCELLO PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ  E VISITA A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NA BIBLIOTECA.
HORARIO: 11,40- 13,15 (CHEGADA AO CENTRO PARA AS 13,20)

LUGAR: NO CONCELLO DE NARÓN

PROFESORES ACOMPAÑANTES: JÉSSICA FERNÁNDEZ E GRACIELA GALDO

sábado, 13 de xaneiro de 2018

Exposición Lita Cabellut e Academia Galega



O martes alumnado de 3 e 4 de ESO fixeron unha visita guiada á Real Academia galega, ao cemiterio de San Amaro e á exposición de Lita Cabellut na Coruña. Pasárono moi ben e aprenderon moitas cousas sobre escritores e pintores.

sábado, 23 de decembro de 2017

Bo Nadal e feliz Aninovo

Autora:Estela Famara

Todas as persoas que traballamos e aprendemos no IES Terra de Trasancos desexamosvos moi boas festas.
Paz, amor e felicidade a xente de boa vontade

venres, 22 de decembro de 2017

E as portas gañadoras son...

A ortata Gañadora do 1º Premio para as alumnas de FP BÁSICA

2º premio para 1º ESO A



3º premio para 3º de PMAR
Que díficil o tivo o xurado para decidirse por unha delas como gañadora polo que  se estableceron tres premios.

Creatividade, inxenio e traballo en equipo fixeron destas tres portas as gañadoras. Noraboa  a todos e todas as participantes polo estupendisimo traballo, grazas pola   alegría e espititu navideño que aportades no IES

martes, 19 de decembro de 2017

Concurso portas de nadal




Que mañá mais movida no Insti. Decorando as portas, buscando axuda e material, espiando aos contrincantes....Espíritu navideño!!!
O xurado o ten moi díficil para pronunciarse porque todas as portas son creativas e moi boas.

martes, 12 de decembro de 2017

Nadal solidario no IES Trasancos

Chegou Nadal e neste tempo asoma toda a solidaridade no IES. 


COMERCIO XUSTOE E COMERCIO DE PROXIMIDADE: 

Temos na entrada dous postos, un de comercio xusto e outro de comercio de proximidade, que estan abertos e atendidos por alumnado do Centro nos recreos. O comercio xusto retribue o traballo de forma digna e coida dos recursos naturais. O comercio de proximidade estimula a actividade económica da zona, consume menos enerxía e reparte a riqueza de xeito máis equitativo que a compra en grandes superficies. Animadevos a mercar!

RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN

Doutra parte un grupo de alumnos de 2º de ESO van ir axudar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón  e gustaríanos levar algunha axuda para eles como leite, conservas de alimentos, galletas, cacao e alimentos precociñados( tipo latas de albóndigas, fabadas,etc). Mirade que a data de caducidade non sexa moi próxima.
 
Estamos a colocar as  caixas nas aulas para a recollida e o profesorado xa ten na sala de profes unha caixa. Como vas de solidariedade?

domingo, 3 de decembro de 2017

Correspondentes IES Trasancos

Arrancamos un novo proxecto Correspondentes xuvenís 3.0

Detectada a necesidade de divulgar información dirixida a xóvenes a Dirección Xeral de Xuventude lanza o  programa Correspondentes Xuvenís 3.0.

Cales serán as  funcións dos correspondentes?

  • Difundir no Centro educativo a información que nos envien tanto dende a Dirección Xeral da Xuventude como da OMIX do Concello e dende os concellos limitrofes dos que o noso alumnado procede (Neda, Ferrol, San Sadurniño, Valdoviño, Pontedeume).
  • Informar de actividades, concursos, proxectos que se fagan no IES e que pensedes que poden ser interesante para o alumnado e para outras persoas.

Como se difunde a información? 


  • Seleccionando  a información relevante e e difundindo  a través do taboleiro de anuncios do centro,situado ao lado da secretaria, donde tamén se instalará unha mesa de atención e información persoal.
  • Reenviando a información a través das redes sociais : Instagram, twiter, facebook, whatsapp, blog
  • Establecendo contacto e buscando información relevante nas páxinas e redes dos concellos

Que recibimos a cambio?  

  • O carné xove e ao final do programa un certificado de Voluntariado no que se xustifica o traballo desenvolvido  durante todo o curso.
  • Podemos solicitar  da Dirección Xeral de Xuventude o carné ISIC e o carné Alberguista para as vosas viaxes. 
  • Participar nun encontro de Correspondentes para mozos e mozas de toda Galicia  ao final do curso durante unha fin de semana no albergue xuvenil de Gandarío con actividades acuáticas.

Como atoparnos nas redes sociais?

https://correspondentesiestrasancos.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/Correspondentes-IES-Terra-de-Trasancos-450230348708280/

E en breve: En Instagram e Twitter

venres, 24 de novembro de 2017

Festival europeo de musica para xente nova

Noraboa ao noso Coro solidario que se esta a facer un oco no espazo europeo!
Os rapaces e rapazas do Coro estan entusiamados e ilusionadas coa súa viaxe  a Bruselas o vindeiro 27 de Abril para participar no
European Music Festival for Young People en Neerpelt.
Resultar  seleccionados para un evento internacional de tal importancia xa non enche de satisfacción, coñecer a capital europea e darnos a coñecer é un premio para todos nos, compartir a experiencia con outro xovenes da U.E. vai supñer unha experiencia enriquecedora. Noraboa tamén OLga e Graciela que co su traballo fan posible o Coro Solidario

venres, 3 de novembro de 2017

SEMANA DO MEDO




Esta semana pasamolo de medo no Insti! Adicamos a semana das ánimas ao director Tim Burton autor de entre outras “Pesadelo antes de Nadal” e a “Noiva cadáver”

Na Biblioteca limos contos de medo creados por nos, dibuxamos persoaxes máxicos e terroríficos e no salón de actos asistimos a proxección de curtas de Tim Burton.

Acabamos a semana do medo “maqueandonos” ao gusto do director: faces pálidas e esqueléticas. Un puntiño de terror e de tenrura para unhas persoaxes que  nos acompañan  no noso itinerario vital e xa forman parte da nosa imaxinación

Grazas a todos e todas as participantes e organizadoras:
A Graciela e Chus e Maria Xosé, polo traballo e imaxinación que lle botan
A Bea pola decoración tan impresionante que da encanto ao Centro e anima a participar. Superaste cada ano!
Ao alumnado de ESO que participou, escribiú e contou contos de medo, realizou dibuxos, maquillou e deixouse maquillar e sobre todo divirtiuse e disfrutou da semana!

E Grazas Tim Burton por crear  ese mundo tan peculiar e máxico e facernos  pasar medo disfrutando coas túas peliculas.

martes, 24 de outubro de 2017

Semana do terror no IES do 31 outubro ao 3 novembro





1- O alumnado de 1º e 2º de ESO asistirán ás actividades programadas polo Equipo da Biblioteca co seguinte horario:

  • LUNS 30 DE OUTUBRO: 2º ESO B 10,30-11,20
  • MARTES 31 DE OUTUBRO: 2º ESO C 9,20-10,10
  • MARTES 31 DE OUTUBRO: 1º ESO B 10,30-11,20
  • XOVES 2 DE NOVEMBRO: 1º ESO A 12,30-13,20
  • VENRES 3 DE NOVEMBRO: 2º ESO A E PMAR 9,20-10,10
2- Poderán traer nunha cartolina branca ou nunha lámina do block de debuxo unha ilustración da cabeza de Jack Skeleton, o protagonista de "Pesadilla antes de Navidad", ou calqueira outra ilustración dalgunha das personaxes de Tim Burton e entregarllas a Beatriz Lamigueiro o luns 30 de outubro. Cada ilustración entregada recibirá unha pequena recompensa.

3- O luns 30 de outubro e o xoves 2 de novembro durante o primeiro recreo terá lugar unha proxección de curtas de Tim Burton para todos o alumnado do centro no Salón de Actos.

4- O venres 3 de novembro todo o alumnado poderá vir maquillados de forma terrorífica ou participar nun obradoiro de maquillaxe de Tim Burton que terá lugar durante os recreos  no vestíbulo do centro.