Información sobre o noso Instituto. Actividades, novidades e colaboracións.
xoves, 5 de outubro de 2017
mércores, 4 de outubro de 2017
Probas para cantar no Coro Solidarium de Trasancos
Hoxe acaban as probas para entrar no Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, a nosa " La Voz" particular. Non tes que ser guapo ou guapa, non tes que ser gracioso graciosa ou saber contar chistes. So tes que:
A aceptación é masiva, moitos rapaces e rapazas pasarán a proba pero so uns cantos seran os elexidos para a gloria. Noraboa poque os vosos exitos son os nosos.
- Ter unha voz armoniosa
- Saber entonar
- Comprometerte coas actividades do Coro
- Pertenecer a o alumnado da comunidade educativa do IES Terra de Trasancos

Aspirantes a pertencer ao Coro antes das probas.
- Compromiso coas persoas
- Actuar cara a un público entregado
- Ambiente de traballo e diversión
- Aprendizaxe colaborativo.
![]() |
| Entonando antes das probas |
A aceptación é masiva, moitos rapaces e rapazas pasarán a proba pero so uns cantos seran os elexidos para a gloria. Noraboa poque os vosos exitos son os nosos.
martes, 3 de outubro de 2017
Cando xa non esté. Glackma
1 Parte
Adolfo e Karmenka participan no programa de Iñaki Gabilondo "Cuando ya no esté" para contarnos como o desxeo dos glaciares está afectando ao cambios climático producido polo quentamento global do planeta. Carlos Caraglia graba con drones a fermosísima paisaxe e a entrevista. Magnífico traballo e moi esclarecedor sobre o papel dos glaciares no clima e como preservadores da vida no planeta.
2ª Parte
sábado, 30 de setembro de 2017
Premio Plan Proxecta de Innovación educativa
Graciela, Mercedes e Beatriz profesoras do IES recollen o galardon otorgado pola Xunta a participación no Plan Proxecta de Innovación Educativa. Noraboa e a seguir traballando con ilusión e perseverancia porque sabemos que o noso traballo transforma o mundo.
martes, 26 de setembro de 2017
mércores, 13 de setembro de 2017
domingo, 10 de setembro de 2017
Premio no Festival Internacional de Curtas FICBUEU
Graciela e Carmen orgulosas de recibir o galardón que acredita o 1º premio no concurso na modalidade mellor curta de ensino secundario no FICBUEU 2017
A curta "cousas de vellos" realizada por alumnado de 1º de Bacharelato do IES Terra de Trasancos recibeu o 1º premio de curtas de ensino secundario no FICBUEU 2017. Recolleron o premio Graciela e Carmen profesoras do instituto.
Pincha no enlace Cousas de vellos para ver a curta premiada
xoves, 7 de setembro de 2017
Por que facer un ciclo de Formación Profesional de grado medio
![]() |
| Alumnado do ciclo medio de xestión administrativa curso 2014-16 |
Por que facer o Ciclo Medio de Xestión Administrativa?
- Consigues un título profesional que acredita que sabes realizar as tarefas do teu posto de traballo.
- Dota dunha cualificación profesional posibilitando unha saída ao mundo laboral.
- Demostra que posees as competencias para desempeñar a túa profesión.
- A aprendizaxe está basado na práctica e estas sempre acompañado no proceso de aprendizaxe.
- A Formación no Centro de Traballo inserta ao alumnado nas empresas.
- Permite continuar estudos na túa profesión ou noutra mediante o acceso a Ciclos Superiores de F.P. ou Bacharelato.
Porque estudar F.P. no IES Terra de Trasancos?
- O Instituto está en contacto coas empresas para realizar a Formacion no Centro de Traballo e asignar a persona adecuada á empresa.
- Estamos cerca de tí nun concello en expasión e coñecemos o tecido empresarial e industrial da zona
- Estamos ao rente do Polígono industrial máis importante de Ferrolterra e en contacto coas empresas.
- Somos un IES pequeno pero forte e temos dedicación persoalizada co alumnado.
- Integración de todo o alumnado atendendo as súas necesidades específicas de aprendizaxe.
- Temos vocación de ensino e un claustro cohesionado e aberto a inovación educativa.
- Aprendemos cada curso do noso alumnado.
Como matricularte no Ciclo medio de Xestión Administrativa.
- Por medio da páxina da Xunta de Galicia. Tes toda a información neste enlace
- Imprime a solicitude
- Presentaa no IES Terra de Trasancos
Prazo para entregar a solicitude: 8 de Setembro
E despois da ESO que fago?
http://cmtrasancos.blogspot.com.es/2017/09/e-despois-da-eso-que-fago.htmlPosiblemente a estas alturas estés a te examinar en setembro das materias que non superache durante o curso e necesites unha orientación sobre o teu futuro académico e ou profesional. O esquema desta entrada pode orientarte nas túas decisións.
Si te atopas cursando terceiro ou cuarto da ESO e non superaches as materias conducentes a obtención do titulo de graduado en ESO ou prevés que non acadarás a titulación, tes a oportunidade de matricularte nun ciclo de Formación Profesional Básica que, unha vez superado, permitirache continuar estudios de Formación Profesional ou presentarte a Proba de Graduado en ESO. ¿Atragantouseche algunha materia de Bacharelato ou non te ves estudiando na Universidade? Decidete enton pola Formación profesional de Grado Medio, se non tes a titulación de Bacharel ou de Grado Superior no caso de ter a titulación. Calquera das titulacións en F.P. dache a saida ao mundo laboral pois acredita que posees as competencias profesionais asociadas ao título. Moito ánimo para o estudo e sorte nas tuas decisións!
Si te atopas cursando terceiro ou cuarto da ESO e non superaches as materias conducentes a obtención do titulo de graduado en ESO ou prevés que non acadarás a titulación, tes a oportunidade de matricularte nun ciclo de Formación Profesional Básica que, unha vez superado, permitirache continuar estudios de Formación Profesional ou presentarte a Proba de Graduado en ESO. ¿Atragantouseche algunha materia de Bacharelato ou non te ves estudiando na Universidade? Decidete enton pola Formación profesional de Grado Medio, se non tes a titulación de Bacharel ou de Grado Superior no caso de ter a titulación. Calquera das titulacións en F.P. dache a saida ao mundo laboral pois acredita que posees as competencias profesionais asociadas ao título. Moito ánimo para o estudo e sorte nas tuas decisións!
venres, 7 de xullo de 2017
Moi boas vacacións!
Adios claustros, adios clases
Adios, reunións de departamento
Adios, programacións dos meus desvelos
En setembro nos veremos
Os meus compañeiros e compañeiras,
xefes de departamento,
alumnado ao que tanto estimo
e que desta vez non cateei
Aulas, patio, biblioteca
sala de profes con bombons
ate setembro non verei
presentacións en powert point.
Adios exercizos! Adios exames!
Deixo equispe e para sempre
agardando windows sete
ou o linux Quen saberá!
Deixo as aulas pola praia
deixo o Insti polo mar
Vacacións! Canto as desexo!
Quen nelas poidera quedar!
martes, 27 de xuño de 2017
video fin de curso
Foi un curso intenso e cheo de actividades e proxectos,o Proxecto Terra, o TEI, Glackma, o Erasmus Plus que permitirá no próximo curso movilidades de alumnos e profesores, o Club de Ciencia, o Club de Lectura, participamos no Encontro dos Clubs de Lectura e foi un luxo para os que alí estiveron, reactiváronse os Blogs do Insti e da Biblio,houbo exposicións preciosas como a do Samaín, a de Maruja Mallo, a da célula, as cabazas,o apalpador, os reis magos..., o Gran Circuito, o traballo do Equipo da Biblioteca cos concursos e recitais, temos un xardín cunhas rosas preciosas, os bancos novos froito de moito traballo colaborativo, a participación en diferentes certames, a visita ao hospital dos teatreiros en inglés,as Brunettes, o teatro en portugués co pirata con pata de pau, un Mannequin, a música, os artistas do wave, da peonza,do baile, da pintura, o cine, os premios, Intercentros, Videoclips musicais, un Mannequin, Mocidade coa Lingua,Teatro con G, a Semana Verde, o día da Muller, pelexamos polos dereitos de Xabi, o Rallye Matemático, a Habitación de Fermat que tanto nos comeu o coco a algunhas profes, visitas a empresas, roteiros, o Coro e os seus concertos, as viaxes a Lorca, Londres, Berlín, Oporto, visitamos exposicións, tivemos talleres e charlas de escritores, científicos, exploradores, fotógrafos, o Entroido, o acto de Bacharelato e Ciclos, foi o ano de integrarnos na vida moderna co noso grupo do facebook: xa temos 775 seguidores!, co Instagram conseguimos un éxito rotundo entre os alumnos, Twitter,etc, etc,etc...seguro que me quedan algunhas cousas e actividades, desculpade se é así, intentei refrexar todas as que tiña documentadas no vídeo que estará colgado tamén na nosa canle de youtube .... todo isto, é grazas á vosa colaboración e conforma unha parte da esenza do Trasancos. (Graciela Galdo, subdirectora do IES)
luns, 19 de xuño de 2017
luns, 29 de maio de 2017
xoves, 18 de maio de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




