Información sobre o noso Instituto. Actividades, novidades e colaboracións.
luns, 30 de outubro de 2017
Erasmus +( infografía para mobil)
Neste enlace tedes a información en documento pdf do programa Erasmus+ no IES
sábado, 28 de outubro de 2017
martes, 24 de outubro de 2017
Semana do terror no IES do 31 outubro ao 3 novembro
1- O alumnado de 1º e 2º
de ESO asistirán ás actividades programadas polo Equipo da Biblioteca co seguinte horario:
- LUNS 30 DE OUTUBRO: 2º ESO B 10,30-11,20
- MARTES 31 DE OUTUBRO: 2º ESO C 9,20-10,10
- MARTES 31 DE OUTUBRO: 1º ESO B 10,30-11,20
- XOVES 2 DE NOVEMBRO: 1º ESO A 12,30-13,20
- VENRES 3 DE NOVEMBRO: 2º ESO A E PMAR 9,20-10,10
2- Poderán traer nunha cartolina branca ou nunha
lámina do block de debuxo unha ilustración da cabeza de Jack Skeleton, o protagonista de "Pesadilla antes de
Navidad", ou calqueira outra ilustración dalgunha das personaxes de Tim
Burton e entregarllas a Beatriz Lamigueiro o luns 30 de outubro. Cada ilustración entregada recibirá unha pequena
recompensa.
3- O luns 30 de outubro e o xoves 2 de novembro durante o primeiro recreo terá lugar unha proxección de curtas de Tim Burton para todos o alumnado do centro no Salón de Actos.
4- O venres 3 de novembro todo o alumnado poderá vir maquillados de forma terrorífica ou participar nun obradoiro de maquillaxe de Tim Burton que terá lugar durante os recreos no vestíbulo do centro.
xoves, 19 de outubro de 2017
Programa TEI. Titoria entre iguais
O Noso alumnado de 3º da ESO participa no proxecto TEI ou Titoría entre iguais Estas imaxes corresponden a xornada de formación dos titores e titoras de 3º da ESO.
O noso Centro participa no Programa TEI, un programa de convivencia institucional que implica a toda a comunidade educativa
- Oriéntado a mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta
- Fomenta que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias
- Dirixido á mellora ou modificación do clima e a cultura do centro respecto da convivencia, conflito e violencia (física, emocional ou psicolóxica)
Baséase na tutorización emocional entre iguais onde o respecto, a empatía e o compromiso son os alicerces básicos do seu desenvolvemento nos centros educativos: En secundaria: Os alumnos de 3º son titores emocionais dos de 1º
Os centros que aplican o programa están integrados na REDE DE CENTROS TEI TOLERANCIA CERO, comparten e desenvolven iniciativas, materiais e boas prácticas na prevención da violencia e o acoso escolar.
Rally Matemático

RALLY MATEMÁTICAS E CIENCIAS 2018
O noso centro participa no o Rally sen Fronteiras
2018:
Destinado a alumnado de 4º da ESO (Física e
Química, e Bioloxía- Xeoloxía) e alumnado de 1º, 2º, 3º.e 4º da ESO (Matemáticas)
Ø Se
che gustan as ciencias e as matemáticas
Ø Se
pensas que as matemáticas son para a vida e non só para alguns cerebrins
Ø Se
adoitas e queres traballar en equipo colaborando cos compañeiros e compañeiras
Ø Si
crees ter imaxinación e creatividade
Ø Si
queres participar nun concurso internacional e coñecer alumnado de outros centros e paises
Participa no Rally Matemático os xoves no primeiro recreos na aula de
Debuxo
Os equipos gañadores terán a oportunidade de
viaxar a final en Toulouse (Francia) e os finalistas
agasallos
Exemplo: O
restaurador
Un famoso
restaurante recibe dun dos seus clientes fieis e amigos a seguinte mensaxe:
"Prever
para mañá unha comida con menos de 100 invitados, poderás determinar o número
de clientes sabendo que, cun invitado menos, poderías facer mesas completas de
cinco persoas e, con dous invitados menos, poderías facer mesas completas de
sete persoas. " O restaurador está irritado porque hai varias
posibilidades para o número de invitados.
-Cales son
esas posibilidades? Pista: So hai duas posibilidades
Afortunadamente,
recibe un pouco máis tarde unha nova mensaxe: "Engado só un invitado máis
polo que poderás preparar mesas completas de catro persoas."
-Cal é ao
final o número de invitados?
Si crees saber a resposta deixanos un comentario coa solución
xoves, 5 de outubro de 2017
mércores, 4 de outubro de 2017
Probas para cantar no Coro Solidarium de Trasancos
Hoxe acaban as probas para entrar no Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, a nosa " La Voz" particular. Non tes que ser guapo ou guapa, non tes que ser gracioso graciosa ou saber contar chistes. So tes que:
A aceptación é masiva, moitos rapaces e rapazas pasarán a proba pero so uns cantos seran os elexidos para a gloria. Noraboa poque os vosos exitos son os nosos.
- Ter unha voz armoniosa
- Saber entonar
- Comprometerte coas actividades do Coro
- Pertenecer a o alumnado da comunidade educativa do IES Terra de Trasancos
Aspirantes a pertencer ao Coro antes das probas.
- Compromiso coas persoas
- Actuar cara a un público entregado
- Ambiente de traballo e diversión
- Aprendizaxe colaborativo.
![]() |
Entonando antes das probas |
A aceptación é masiva, moitos rapaces e rapazas pasarán a proba pero so uns cantos seran os elexidos para a gloria. Noraboa poque os vosos exitos son os nosos.
martes, 3 de outubro de 2017
Cando xa non esté. Glackma
1 Parte
Adolfo e Karmenka participan no programa de Iñaki Gabilondo "Cuando ya no esté" para contarnos como o desxeo dos glaciares está afectando ao cambios climático producido polo quentamento global do planeta. Carlos Caraglia graba con drones a fermosísima paisaxe e a entrevista. Magnífico traballo e moi esclarecedor sobre o papel dos glaciares no clima e como preservadores da vida no planeta.
2ª Parte
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)