venres, 22 de xuño de 2018

Festival Fin de curso. Despedida a profes.



Chega o fin de curso e tres das nosas profes favoritas cambian de Centro. O Coro Solidario e todo o Centro despide moi emotivamente a Olga (música) Verónica (mates) e Visi (administrativo. Moitas Grazas polo o traballo que levades desenvolvido ao longo destes anos de traballo ben feito e compañerismo. Sorte no novo camiño profesional e levaremosvos sempre no corazón. Que as lembranzas vos enchan sempre o corazón de alegría e agarimo. Recordadenos.

mércores, 13 de xuño de 2018

ADMISIÓN A CICLOS FORMACIÓN PROFESIONAL 2018-19.

CALENDARIO FIN DE CURSO. ENTREGA DE NOTAS, RECLAMACIÓNS E MATRÍCULA



ENTREGA DE NOTAS 
Os titores entregarán os boletíns de notas o luns 25:  os de ESO e BAC ás 12:00 e os de CICLOS e FPB ás 11:00. Non hai transporte escolar

REVISIÓN E RECLAMACIÓNS AS CUALIFICACIÓNS
Martes 26 e mércores 27: Terán lugar as revisións ou reclamacións de cualificacións. Lembrade que non é o mesmo solicitar unha revisión de exame (mirar o exame co profesor/a para o cal pidese cita en conserxería) que unha reclamación (faise unha solicitude á dirección, en secretaría, para que corrixa o exame o departamento
-Revisión de exames, Unha vez recollidos os bolentins de notas poderan presentarse as solicitudes en conserxería donde lle indicaran o día e hora no que o profesor/a revisará o examen xunto co alumno/a
.As reclamacións as cualificacións presentaranse mediante escrito ao Director antes das 13:00h. os días 26 e 27 e resolveranse no prazo de cinco días.

MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-19
+ O alumnadode ESO e Bacharelato  con todas as materias aprobadas popderan recoller o sobre da matrícula do curso seguinte a partir do día 25 en Conserxería e entregalo na Secretaría do centro ate o día 10 de xullo  
+ O alumnado de Formación Profesional Básica e Ciclos teñen o calendario de presentación de solicitudes de admisión dende o 25 de xuño ate o 3 de xullo as 13:00 Para informarse e ver o calendario e prazos de proceso de admisión  picade nos elaces admisión a ciclos 2018-19



xoves, 7 de xuño de 2018

ACTIVIDADES MES DE XUÑO


A HABITACIÓN DE FERMAT 
O 19, 20 de xuño O Departamento de Matemáticas organiza un xogo chamado "A Habitación de Fermat" no que participarán a maioría dos alumnos do centro.


20 de xuño o Departamento de Orientación organiza unha saída cos alumnos de 3º de ESO que participaron este ano no TEI. Pasarán o día en Cerceda e irán acompañados por Manolo Rivera, Jéssica Fernández, Conchi García e Graciela Galdo.


 FESTIVAL DE FIN DE CURSO
O 21 de xuño realizaremos o Festival Fin de Curso con diferentes actuacións e proxectaremos o vídeo resumo de fin de curso, será a partir das 12,30.


Se alguén quere engadir algunha foto de actividades que se poña en contacto con Graciela antes do día 8 de xuño

martes, 22 de maio de 2018

Celanova plan proxecta





Hoxe pasamos un día fantástico en Celanova, estivemos na casa de Curros Enríquez e interpretamos Aí vén o maio...emocionante, logo asistimos a un concerto incríble de órgano no mosteiro, órgano que a nosa profe de música Graciela tamén puido tocar e visitamos o Instituto que tén moita historia.Foi unha experiencia alucinante!!!
Pola tarde visitamos Vilanova dos Infantes, o torreón, a cova, a historia dos zapateiros...
O ano próximo de seguro voltaremos!!Grazas ás nosas marabillosas guías da Fundación Curros Enríquez polo esforzo e dedicación de todo o día.
Experiencia para recordar e aínda nos queda Portugal!!

luns, 7 de maio de 2018

XXIV Semana verde




Competición de dardos



Maqueta móvil dun dromedario realizada polo alumnado de 2º ESO PMAR


Mostra de presentacións sobre o tema "Os camélidos



Enquisa elaborada nas clases de inglés sobre o coñecemento que ten a sociedade sobre os Camélidos



Entrega de premios ao gañador do concurso presentacion audiovisual Ignacio López Bueno e accesits





venres, 4 de maio de 2018

Coro solidario no EMJ Neerpelt 2018




E mentras epsramos os comentarios dos protagonistas desta historía de tesón, talento e solidaridade, damos a noraboa ao Coro Solidarium pola mencion honorifica lograda no EMJ Festiva de Neerpelt.

Podedes ver aqui o video oficial do EMJ 2018

PREMIO XI CONCURSO PRESENTACIÓN AUDIOVISUAL IGNACIO LÓPEZ BUENO



O 1º Premio do XI concurso Ignacio López Bueno recae en Hugo Díaz Díaz alumno de 3º ESO B. Noraboa!