Dende a Biblioteca convocamos o 1 Concurso de Contos de Terror. A que non te atreves a participar?
Establécense 4 categorías:
- 1º e 2º de ESO
- 3º, 4º de ESO e FP básica
- Bacharelato (1º e 2º) e Ciclos
- Profesorado, persoal non docente, pais e nais
Se es unha persoa valente, ousada, ou mesmo temeraria, aquí tes as BASES do concurso.
Estámoste esperando.
Información sobre o noso Instituto. Actividades, novidades e colaboracións.
luns, 8 de outubro de 2018
xoves, 4 de outubro de 2018
ERASMUS+ CONVOCATORIA 2018-19
ERASMUS+ PARA CICLO SUPERIOR.
CONVOCATORIA 2018-19
SELECCIÓN DE CANDIDATURAS
O alumnado interesado en participar no programa ERASMUS + Convocatoria 2018 deberán cumplimentar o impreso de solicitude e remitilo, antes do día 20 de outubro de 2018, a programaseuropeostrasancos@gmail.com.
PROCESO DE SELECCIÓN
1ª FASE
- Envio da documentación (CV, carta de motivación e datos do alumno/a solicitante), prazo ate o 20 de outubro
- Entrevista persoal previa solicitude de documentación ao alumnado aspirante do. 23-26 outubro-2018
2ª FASE
- PROBAS DE IDIOMA (novembro 2018).
3ª FASE
- Revisión do expediente académico e informe do equipo docente
Pode atoparse toda a información sobre as becas convocadas na seguinte documentación
Correspondentes Trasancos
O curso pasado comenzamos a colaboración no proxecto de Correspondentes xuvenís 3.0 promocionado pola Dirección Xeral de Xuventude no que participou con éxito alumnado e profesorado de Ciclo Medio e FPB e de 3º da ESO PMAR
·
Recibimos a visita da directora da Dirección
Xeral de Xuventude.
·
Creamos e mantivemos un blog e unha páxina de
Facebook e mantivemos un taboleiro informativo co obxecto de difundir a
información de interese para o noso alumnado.
·
Por mor desta información. enviamos a alumnas o
Ciclo Superior de viaxe a Italia e Xapón,
·
Participamos nos encontros de correspondentes
xuvenís en Gandarío.
A participación está aberta a alumnado e profesorado titor ou que imparta clases no grupo
Os obxectivos do progama de correspondentes 3.0 con respecto ao alumnado son
- Responsabilizarse de recoller a información en materia de xuventude que se lles envie desde Xuventude ou da OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
- Entender a importancia de acceder a información, seleccionando en orde a pertinencia e adecuación e contrastando as fontes.
- Desenvolvemento en comunicación oral e escrita e na presentación da información recollida.
- Dinamización da comunicación e fomento da participacion do alumnado en actividades, bolsas, concursos, formación, cooperacion dirixidas a xuventude
- Fomento do voluntariado xuvenil.
- Crear redes de comunicación e participación xuvenil coñecendo as oportunidades que ofrece tanto a Xunta por medio da Dirección de Xuventude como o Concello e concellos de procedencia do alumnado.
Para elo os correspondentes terán as seguintes funcións:
- Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas do seu interese.
- Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, entre os compañeiros de instituto, grupos de wahtsapp..
- Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
- Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
- Participar activamente nas actividades e tarefas resultantes do desenvolvemento do proxecto nas titorías, nas aulas, na biblioteca e noutros espazos do centro onde se desenvolvan as liñas estratéxicas do Plan Proxecta.
- Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío.
- Recibirán gratuitamente o carné xove, o carné de estudante internacional (ISIC)e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes.
- Terán preferencia nalgúns dos programas da DXXPV nos que así conste nas súas bases.
- Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
- Poderán solicitar o Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
- Recibirán gratuitamente o carné internacional de profesor/a (Carné Teacher)
mércores, 3 de outubro de 2018
PROBAS PAR PARTICIPAR NO CORO SOLIDARIO
Os comenzos de curso, os nervios por ver co quen che toca de compañeiros, de profes e... as probas do Coro Solidario. A rapazada esta entusiasmada con participar.
Maña xoves tocalle a cuarto da ESO e o venres non o dúbides
- Si che entusiasma cantar
- Si queres participar dun grupo solidario
- Si queres viaxar e coñecer outra xente con aficcions comuns
- Si te comprometes con que outro mundo é posible
- Incluso si queres empezar o teu camiño a fama...
Non o dubides, presentate as probas o venres para participar no CORO SOLIDARIO DO IES TERRA DE TRASANCOS
So pedimos que cantes, que te comprometas e que sexas parte da comunidade de alumnado do IES Terra de Trasancos
luns, 17 de setembro de 2018
Nova edición do pasaporte solidario. Voluntariado galego
A Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, pon en marcha o Pasaporte Solidario, un pasaporte individual para todo o alumnado de Primaria e da ESO de Galicia.
Pincha no enlace ao blog de correspondentes IES Trasancos para máis información
xoves, 13 de setembro de 2018
Listado de admisión a FP Básica electricidade e comercio
NOTA IMPORTANTE: O alumnado que figura como "non admitido" nesta lista poderá obter praza ao finalizar o período de reclamacións se non se cubren as prazas. De ser así, serán avisados/as no seu teléfono de contacto
Consulta no enlace
luns, 10 de setembro de 2018
domingo, 9 de setembro de 2018
Axudas para material escolar do Concello de Narón

O Concello mantén aberto o período para solicitar estas axudas para o curso 2018-2019 entre os días 7 e 27 de setembro, ambos incluídos, tal e como informou a concelleira de Acción Social, Catalina García.
As axuda van dirixidas ao alumnado empadronado no municipio matriculado en centros públicos e concertados de Narón para o curso 2018-2019. As axudas correspondentes ao material didáctico e escolar, poden solicitalas aquelas familias empadroadas en Narón para alumnado escolarizado en educación Infantil (2º ciclo), Primaria, ESO, Bacharelato, FP de Ciclos Medios, Educación Secundaria de Adultos e centros de Educación Especial.
As persoas que precisen recibir máis información poden facelo a través do Servizo Sociocomunitario do Concello –primeiro andar- e as instancias poden presentarse a través do Rexistro do Concello –de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00- ou da Sede Electrónica, donde estarán a disposición da veciñanza.
Para máis información preme no enlace á páxina do Concello
venres, 31 de agosto de 2018
BOLSAS DE AXUDA AO ESTUDO PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
Convocadas as bolsas de axuda ao estudo para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
PRAZO: Ata o 27 de setembro
Podedes consultar toda a información AQUÍ
Para consultar dúbidas podedes achegarvos ao centro ou contactar coa unidade de xestión de bolsas da Coruña:
Pl. de Luis Seoane, s/n - Edf.Admvo. Monelos
TFNO.: 981.18.47.41
Fax 981.18.22.30
bolsas.ed.co@xunta.es
PRAZO: Ata o 27 de setembro
Podedes consultar toda a información AQUÍ
Para consultar dúbidas podedes achegarvos ao centro ou contactar coa unidade de xestión de bolsas da Coruña:
Pl. de Luis Seoane, s/n - Edf.Admvo. Monelos
TFNO.: 981.18.47.41
Fax 981.18.22.30
bolsas.ed.co@xunta.es
mércores, 15 de agosto de 2018
luns, 9 de xullo de 2018
CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO
Podedes consultar o calendario de exames de setembro na seguinte ligazón:
CALENDARIO EXAMES SETEMBRO
CALENDARIO EXAMES SETEMBRO
venres, 29 de xuño de 2018
Volveremos!!
Cos ollos da despedida vemonos este día, cousas da nosa vida.
Cos ollos da despedida, as aulas semmellan cousa perdida
A sala de profes estaba baleira na hora da despedida,
e con todo aínda queda moito papel por reciclar na nosa vida.
Cos ollos da despedida non podemos decir máis que
vemonos a volta e será outro día
Sobre un verso de Alaide Fopp
luns, 25 de xuño de 2018
domingo, 24 de xuño de 2018
Apúntate a F.P. no teu concello.
1º
|
Elexir familia profesional.
| |
2º
|
Elexir Grao da FP ao que accedo según as miñas acreditacións académicas.
| |
3º
|
Elexir ciclo e Centro educativo
| |
4º
|
Cubrir solicitude de admisión e presentala no Centro
| |
5º
|
Cubrir a matrícula e presentala no Centro
|
Sabías que estudar un ciclo de a Formación Profesional é a forma máis sinxela e direita de achegarte ao mundo laboral?
A Formación Profesional abrangue ordenadas en Familias profesionais todas as profesións clasificadas no Catálogo de Cualificacións Profesionais. Esta clasificación deriva nun conxunto de competencias profesionais que debes acadar para ter un título que acredita que estas capacitado para a túa profesión.
Obter un título de Formación profesional certifica os teus coñecementos e aptitudes para a profesión elexida, sin título dificilmente atoparas un traballo. Os títulos de Formación profesional teñen validez en todo o estado español e son homologables no espazo da U.E.
A Formación Profesional é eminentemente práctica, acompañada e guíada polo equipo docente. Os currículos dos ciclos están organizados en módulos que abranguen unha serie de competencias profesionais relacionadas.
Todos os ciclos comprenden un módulo de Formación en Centros de Traballo que completa a formación práctica, achega ao alumnado a práctica profesional en empresas e demostra que adquiriche as competencias profesionais propias do Título.
En caso de non acadar o título, se expide a certificación dos módulos superados que che permitirán demostrar a tua competencia de cara ao mercado laboral.
Sabías que podes estudar un ciclo de Formación Profesional Básica incluso sin ter titulación académica algunhaEn caso de non acadar o título, se expide a certificación dos módulos superados que che permitirán demostrar a tua competencia de cara ao mercado laboral.
Os estudos de Formación Profesional estan estructurados en niveles, dende a Formación Profesional Básica que non necesita titulación en ESO ate o Grao Superior que exixe para o acceso titulación mínima en Bacharelato ou Grao Medio de Formación Profesional
Formación Profesional Básica: Si non titulache en ESO e tes entre 15 e 17 anos ou excepcionalmente para maiores de edade sin titulación podes acceder a o Grao Básico de F.P con duración xeral de dous cursos académicos. O título Básico ademáis de acreditar as competencias profesionais básicas da túa profesión permite continuar estudos de Grao Medio na F.P.
Os ciclos de Formación Profesional Básica comprenden módulos en Comunicación e sociedade e ciencias aplicadas e permite, unha vez superados e a decisión do equipo docente, a obtención do título de graduado en ESO.
Formación Profesional de Grao Medio: Si tes a titulación en ESO, podes elexir entre todos os ciclos de Grao Medio da F.P. ao que tamén se accede por Proba de acceso ou co título de FP Básica. O título de Técnico capacitate para realizar traballos da túa profesión de nivel medio con responsabilidade e autonomía e ademáis permite continuar estudos xa sexa de FP Grao superior ou de Bacharelato.
Formación Profesional de Grao Superior. Si tes un título de Bacharelato podes acceder a calquer ciclo formativo de Grao Superior, tamén se accede por medio de proba ou co título de grao medio de FP con preferencia nas familias profesionais relacionadas no currículo do Ciclo. Este título ten gran nivel de empregabilidade, incluso superior ao Grao Universitario nalguns postos de traballo, xa que capacita para realizar as funcións de Técnico Superior en empresas públicas e privadas e permite continuar estudos na F.P de Grao Superior ou o acceso a Universidade.
Decidete porque o futuro empeza hoxe
No cadro superior tes os pasos que deberías contemplar para a matrícula en F.P. e os enlaces a información para guiar os teus pasos.
Lembra que o prazo para presentar as solicitudes empeza o 25 de xuño e remata o 3 de xullo as 13:00.
Debes realizar a solicitude por medio da aplicación informática de admisión, imprimila e entregala no Centro. No vestíbulo do IES están operativos ordenadores para realizar a solicitude.
Posteriormente debes comprobar a adxudicación de prazas en primeira e segunda adxudicación según o calendario de admisión e proceder á matrícula dentro do prazo ordinario (ate 0 31 de xullo).
Mira tamén información importante sobre admisión a ciclos formativos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








