Información sobre o noso Instituto. Actividades, novidades e colaboracións.
martes, 7 de maio de 2019
luns, 29 de abril de 2019
INFORMACIÓN PARA ALUMNADO E FAMILIAS DE 3º ESO
O alumnado de 3º ESO ten que pensar nas materias que quere cursar en 4º ESO e necesita saber cal é a oferta formativa, non só do seguinte curso, senón tamén do Bacharelato, Ciclos ou Ensinanzas Especiais. A continuación proporciónanse unhas erie de ligazóns de interese:
1. PRESENTACIÓN "CAMIÑO A 4º ESO"
Presentación da sesión de orientación para alumnado e familias de 3º ESO
2. FORMACIÓN PROFESIONAL
Na páxina www.edu.xunta.es/fp está toda a información sobre acceso, probas e currículos dos ciclos formativos. Podes consultar que opcións existen na seguinte ligazón:
FOLLETOS INFORMATIVOS FORMACIÓN PROFESIONAL
3. ENSINANZAS ESPECIAIS
Existen unha serie de ensinanzas consideradas especiais porque se restrinxen a uns campos moi específicos. Para acceder á maioría delas é necesario superar unha proba específica relacionada co estudo en concreto. Dentro destas ensinanzas podemos sinalar:
ENSINANZAS DEPORTIVAS
ENSINANZAS DE ARTE DRAMÁTICA
ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO
ENSINANZAS DE RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN DE BENS CULTURAIS
4. ACCESO Á UNIVERSIDADE
Para o alumnado de 3º ESO é moi importante ter en conta os "parámetros de ponderación" para ir escollendo as materias que necesiten
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN
Na páxina da CIUG pódese consultar toda a información relativa á ABAU (Avaliación de Bacharelato para acceso á universidade)
ESTRUTURA ABAU
SISTEMA DE CUALIFICACIÓN
NOTAS DE CORTE DO CURSO PASADO
Tamén podedes revisar as diferentes titulacións do SUG (Sistema universitario galego) nas páxinas das universidades e ver as materias que se imparten en cada un dos Graos e Dobres Graos
GRAOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
GRAOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
GRAOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO
Se queres estudar fóra de Galicia podes consultar no Ministerio de Educación
CONSULTA DE TITULACIÓNS NO ESTADO ESPAÑOL
1. PRESENTACIÓN "CAMIÑO A 4º ESO"
Presentación da sesión de orientación para alumnado e familias de 3º ESO
2. FORMACIÓN PROFESIONAL
Na páxina www.edu.xunta.es/fp está toda a información sobre acceso, probas e currículos dos ciclos formativos. Podes consultar que opcións existen na seguinte ligazón:
FOLLETOS INFORMATIVOS FORMACIÓN PROFESIONAL
3. ENSINANZAS ESPECIAIS
Existen unha serie de ensinanzas consideradas especiais porque se restrinxen a uns campos moi específicos. Para acceder á maioría delas é necesario superar unha proba específica relacionada co estudo en concreto. Dentro destas ensinanzas podemos sinalar:
ENSINANZAS DEPORTIVAS
ENSINANZAS DE ARTE DRAMÁTICA
ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO
ENSINANZAS DE RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN DE BENS CULTURAIS
4. ACCESO Á UNIVERSIDADE
Para o alumnado de 3º ESO é moi importante ter en conta os "parámetros de ponderación" para ir escollendo as materias que necesiten
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN
Na páxina da CIUG pódese consultar toda a información relativa á ABAU (Avaliación de Bacharelato para acceso á universidade)
ESTRUTURA ABAU
SISTEMA DE CUALIFICACIÓN
NOTAS DE CORTE DO CURSO PASADO
Tamén podedes revisar as diferentes titulacións do SUG (Sistema universitario galego) nas páxinas das universidades e ver as materias que se imparten en cada un dos Graos e Dobres Graos
GRAOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
GRAOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
GRAOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO
Se queres estudar fóra de Galicia podes consultar no Ministerio de Educación
CONSULTA DE TITULACIÓNS NO ESTADO ESPAÑOL
FOTOS 1ª MERCADILLO DE LIBROS SOLIDARIO
Baixo o lema "Fai que rulen os libros durmidos ou esquecidos" con mótivo do día do libro, celebramos no IES Terra de Trasancos o 1º Mercadillo de libros solidario a favor da Asociación COMETA con gran éxito
Os libros donados polo alumnado, e persoal docente e non docente do IES puxeronse a disposición de todos a prezos casi simbólicos, todo o recadado vai a favor da asociación COMETA. Estamos todos os que participamos moi satisfeitos co resultado pois cumplironse todos os obxectivos:
- Compartir libros que todos temos esquecidos nas nosas casas, pero que poden ter interés para outros
- Axudar económicamente a COMETA asociación sen ánimo de lucro que loita por unha mellor vida para os animais de compaña abandonados
- Práctica integral do noso alumnado de FP Básica de comercio que atendeu a venta nos stands e a caixa
Pechamos o mercadillo pero durante estos días podese visitar o stand de COMETA que mantemos ate o mércores na planta baixa do IES. Agradecemos a súa colaboración.
Moitas grazas a todos os que formades parte da comunidade educativa pola vosa participación donando e mercando libros.
Sobre todo moitas grazas a Gisela, Silvia, Jessica, Aroa, Laura, Hugo, Oscar e Iago alumnado de FP básica de comercio e a súa profesora Mila polo súa adicación e traballo.
Grazas ao estupendo equipo da biblioteca por tomarse o traballo de introducir os datos de 400 libros na base de datos para que o alumnado poidera prácticar con realismo a venta e o seu rexistro e cobro.
Grazas tamén a Natalia Hermida, concelleira de mocidade que veunos visitar e dar azos ao alumnado para preserverar na súa formación.
Ate o ano que ven.
domingo, 28 de abril de 2019
CELEBRAMOS O DÍA DA SAÚDE LABORAL
![]() |
| Mostra de EPI´s |
Esta semana para celebrar o día da sáude e seguridade no traballo o Departamento de FOL xunto co alumnado de FP Básica de comercio organizaron esta mostra que se pode visitar na planta baixa do IES.
RECOMENDACIÓNS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.
O alumnado de Ciclo Medio de Xestión Administrativa o día 25 foi polas aúlas facendo partícipe a todo o alumnado do Centro dunha serie de recomendación posturais para coidar a saúde nas actividades de estudo e traballo no IES.
O alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas está a elaborar un plan de prevención de riscos no IES.
Durante varias xornadas adicaronse a avaliar os riscos no IES.
Esperamos que este informe que farán chegar ao equipo directivo mellore as condicións de seguridade no Centro
MOSTRA DE EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL
sábado, 13 de abril de 2019
xoves, 11 de abril de 2019
luns, 8 de abril de 2019
ACTIVIDADES DA SEMANA
LUNS, 8:
- Obradoiro Prevención Ludopatía FÓRA DE XOGO: 3º A ( 8:30-10:10) / 3º B (10:30-12: 10)
- Saída a GADISA: 1º Ciclo Superior ADM. con Miguel e Chus Cabarcos. Está lista de alumnos/as na sala.
MÉRCORES, 10
- Obradoiro Prevención Ludopatía FÓRA DE XOGO: 4ºB (12: 30 - 14:10)
- Saída a CELANOVA: 3º ESO . Profes: Patricia Fuciños, Graciela e Carmen
XOVES, 11
- MOCIDADE COA LINGUA, no Auditorio de Ferrol: Coro e alumnado de 1º ESO (8:30- 13:20)
Profes: Graciela, Olga e Manolo
VENRES, 12
- Visita a Campus Ferrol: 1º Bac (8:45-13:30) con Jéssica e Manolo.
Lembrade que durante a semana estamos a celebrar a XXV Semana Verde
Tamén que durante esta semana estamos a recoller os libros que queirades donar para a nosa
I Feira Solidaria de Libros
Saúdos e boa semana!!!
MERCADILLO DE LIBROS SOLIDARIO
Para conmemorar o día do libro, dende a Biblioteca temos pensado organizar un
MERCADILLO DE LIBROS SOLIDARIO A FAVOR DE ORGANIZACIONS locais que se preocupan polos animais. Neste primeiro ano todo o recadado sera a favor da Asociación COMETA.
DATAS de 22 a 26 de Abril.
Colaboran: Alumnado de FP básica comercio.
Pedimos a colaboración de alumnado, profesorado e familias para que donen os libros (en bo estado) que xa non queiran ou non necesiten e queiran compartir. Recibiremos encantadas todos os libros pero por motivos organizativos para clasificalos, sería moi convinte que nolos achegarades os libros antes do venres 12 de abril.
Temos dous obxectivos.
- Recuperar, reciclar libros, fomentando a lectura e compartir
- Dar a coñecer organización solidarias de coidado de animais e axudalas económicamente.
sábado, 30 de marzo de 2019
O noso alumnado de FP en Erasmus+
Trasanqueses polo mundo!
Iván Anca y Patricia González, os nosos alumnos Erasmus de Ciclo Superior desde marzo están a facer a FCT nunha empresa en Amsterdam este curso, Bladi Media Group.
Fainos ilusión ver ao noso alumnado aprendendo e traballando nunha cidade tan especial e bonita como Amsterdan.
Patricia e Iván están vivindo unha experiencia europea inolvidable, ao tempo que levan á práctica os coñecementos adquiridos traballando nunha empresa e aprendendo día a día.
Patricia ata mercou unha bicicleta na que vai ao traballo cada día. Como unha holandesa máis!
Ademais, na empresa están moi satisfeitos co seu traballo, están totalmente integrados e comparten o seu tempo con novas amizades.
Trasanqueses polo mundo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










